OS OLLOS
Só mirando fixamente podía ver
Os ollos
Só no silencio podía soñar
Os ollos
Só cando me mira
Nos ollos do mediodía
dibuxaba un sorriso
Cos ollos do solpor
albiscaba o seu nome
Ollando cara ó norte
fundiume coa sombra
Rescoldos na penumbra
ollos de media lúa
Dos bicos acompasados
naceron
OS OLLOS